InicioPolíticaO PP de Vigo inicia unha recollida de sinaturas para apoiar un...

O PP de Vigo inicia unha recollida de sinaturas para apoiar un plan antiokupas

Os senadores e o deputado sinalaron ademais a necesidade de que as comunidades de veciños poidan actuar ante a autoridade xudicial competente para solicitar o desaloxo dunha vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo puxo en marcha unha campaña de recollida de firmas para apoiar o plan antiokupas articulado a nivel nacional por este partido, que busca “outorgar seguridade e mellorar a convivencia cidadá”.

Esta iniciativa enmárcase nunha campaña nacional e foi presentada polo deputado ‘popular’ no Congreso Diego Gago e os senadores deste partido Elena Muñoz e Javier Guerra este venres na urbe olívica, segundo recolleu nun comunicado o PP.

En concreto, o documento expón que as autoridades xudiciais permitan ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado o desaloxo dunha vivenda antes das 12 horas posteriores á presentación dunha denuncia por okupación ilegal.

Tamén avoga por que se recuperen as penas de prisión dun a tresaños por okupación ilegal, así como por que os okupas non se poidan empadroar nin “estar protexidos pola lentitude das actuacións xudiciais“.

Os senadores e o deputado sinalaron ademais a necesidade de que as comunidades de veciños poidan actuar ante a autoridade xudicial competente para solicitar o desaloxo dunha vivenda.

Neste sentido, advertiron de que a okupación representa “un problema de convivencia” que afecta a “todas as clases sociais sen distinción”.

Ademais, criticaron que “algúns partidos”, mesmo do Goberno, sosteñan “case como unha garantía social” esta situación, polo que chamaron á cidadanía a asinar o plan antiokupas na sede do PP en Vigo.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...