InicioSociedadeA Confraría de Pescadores do Porto de Vigo pon en marcha unha...

A Confraría de Pescadores do Porto de Vigo pon en marcha unha campaña de recollida de residuos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confraría de Pescadores do Porto de Vigo puxo en marcha unha campaña de recollida de residuos esta semana que deu comezo cunha xornada formativa para os participantes.

Así mesmo, este venres levará a cabo a primeira das limpezas programadas polo colectivo na zona intermareal, mentres que o vindeiro sábado actuarase sobre os fondos da zona da Manquiña e A Guía, segundo recolleu o Porto de Vigo nun comunicado. En concreto, este proxecto atópase financiado nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo Pesca (FEMP) e nun 25% pola Consellería do Mar da Xunta.

Ademais, nos últimos meses, o Porto de Vigo retirou do fondo das súas dársenas ao redor de medio centenar de toneladas de residuos, unha iniciativa enmarcada na súa estratexia de Crecemento Azul ou Blue Growth.

Dado o impacto que levan no medioambiente, a saúde humana e a economía as artes de pesca perdidas ou abandonadas, a Confraría de Pescadores avogou por adoptar boas prácticas no manexo de lass ferramentas e equipos que emprega o sector.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...