InicioSociedadeDenuncian que corredores dunha carreira a pé pasaron por encima das ruínas...

Denuncian que corredores dunha carreira a pé pasaron por encima das ruínas do castro de Santa Trega

"Entendemos o descontento xerado pero en canto soubemos do acontecido fomos os primeiros en tomar medidas. A organización ten sempre presente o preservar o patrimonio cultural, natural e humano que conforman a contorna dos eventos", sinala a organización da proba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Parte dos corredores que participaron nunha carreira a pé organizada na Guarda o pasado domingo 11 de outubro pasaron por encima das ruínas do castro de Santa Trega, segundo denunciou a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego días despois da proba.

Nunha publicación en Facebook horas despois da denuncia pública, os organizadores do ‘Trail do Trega’ recoñecen a existencia do problema, que atribúen a que o vento destruíu o balizado que marcaba a ruta da proba, algo que “non puido solucionarse” e que provocou a que os participantes pisasen as pedras das ruínas.

Con todo, e tras descargar de responsabilidade ás comunidades de montes, Concello da Guarda, Deputación de Pontevedra e Xunta; afirman que “a zona de paso foi revisada e quedou constatado que non houbo erosión nin destrución do patrimonio”.

“Entendemos o descontento xerado pero en canto soubemos do acontecido fomos os primeiros en tomar medidas. A organización ten sempre presente o preservar o patrimonio cultural, natural e humano que conforman a contorna dos eventos”, sinala a organización da proba.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...