InicioSucesosDetido o dono de 'Las 5 Jotas', que fuxira fai dous anos...

Detido o dono de ‘Las 5 Jotas’, que fuxira fai dous anos tras unha fraude millonaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

O empresario vigués José Manuel Costas, dono de ‘Las 5 Jotas’ e condenado no marco da maior trama de fraude fiscal mediante facturas falsas destapada en Galicia, foi detido en Portugal despois de dous anos fuxido.

Fontes policiais consultadas por Europa Press confirmaron que foi detido pola Policía portuguesa na pasada xornada “a instancia” da española, xa que se trata dunha operación conxunta.

Agora, a Policía de Vigo está pendente de que un xuíz luso autorice a súa extradición para que poida ser trasladado a Galicia e o xulgado que se ocupa do seu caso se pronuncie, aínda que o paso lóxico sería o seu ingreso en prisión, tendo en conta que estaba condenado por unha fraude millonaria.

Xefe da trama e cunha condena firme de seis anos de cárcere, Costas fuxiu antes de ingresar en prisión case dous anos atrás, en xullo de 2016. O prófugo, a quen a Policía “pisaba os talóns” nos últimos meses, tiña ordes de procura a través de Europol e Interpol.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...