InicioEconomíaO PSdeG insta a Xunta a utilizar todas as vías legais para...

O PSdeG insta a Xunta a utilizar todas as vías legais para frear a poxa de Maderas Iglesias e atopar investidores

A empresa do Porriño recibiu 2,4 millóns de euros en axudas públicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, pediulle este martes á Xunta que utilice “todos os instrumentos legais” para frear a poxar da empresa do Porriño Maderas Iglesias e atopar novos investidores.

Xunto ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e as deputadas Carmen Rodríguez e Paloma Castro, o parlamentario socialista reuniuse este martes na Cámara galega con representantes do Comité de Empresa de Maderas Iglesias.

Martín Seco esixiulle ao Goberno galego que “non dea por perdido o investimento público que recibiu a empresa” e que ascende a 2,4 millóns a través do Igape, e que se implique na procura de novos investidores, activando, ademais, os mecanismos de axuda para evitar o peche dunha empresa que dá traballo a 150 traballadores.

Os socialistas galegos demandan o apoio do Goberno galego a un persoal “pendente da conta atrás” ata a poxa e despois “dunha década de problemas financeiros”.

Nesta liña, indica que a inquietude entre os traballadores é “total” polo inminente anuncio da poxa do inmoble da fábrica a consecuencia dunha resolución do Xulgado número tres do Porriño, segundo sentenza do pasado mes de agosto.

Segundo o PSdeG, os traballadores mesmo temen que o inmoble, valorado en 28 millóns, sexa vendido por unha cantidade inferior para un negocio inmobiliario.

ÚLTIMAS

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...

Vigo desbloquea a tramitación urbanística para a nova Praza de España

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará definitivamente o vindeiro martes os...

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...