InicioSociedadeTui acollerá as primeiras xornadas dun taller contra a violencia machista no...

Tui acollerá as primeiras xornadas dun taller contra a violencia machista no rural

O obxectivo do programa é atallar a "dobre discriminación" das mulleres do rural.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fademur puxo en marcha o programa ‘Cultivando Igualdade’ para impulsar actividades en favor das mulleres no ámbito rural e que estarán en marcha a partir deste mes de outubro. Así, levarán a cabo campañas de concienciación para a tolerancia cero da violencia machista en todas as súas formas. Haberá actividades en catro modalidades: talleres dirixidos a adolescentes e mulleres do rural, co fin de tecer unha rede de espazos seguros, visibilizar as distintas formas de violencia, informar os recursos e protocolos de actuación e traballar o empoderamiento e acompañamento das vítimas no seu proceso de saída.

As actividades presenciais levarán a cabo cumprindo as medidas de prevención en materia de covid en cada concello. O programa que se inicia neste mes de outubro, haberá actividades en Tui, Lugo, Forcarei, Vimianzo, O Grove, Rodeiro, Santiago de Compostela e Sobrado dos Monxes. Para novembro e decembro programaranse novos concellos.

20 ANOS DE EXPERIENCIA

Cultivando en Igualdade é un programa que xorde tras 20 anos de experiencia, co obxectivo de denunciar a situación de “especial vulnerabilidade” que sofren as mulleres ante a violencia de xénero e para promover a creación de espazos de seguridade persoal e colectiva para as mulleres do medio rural.

Así, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) presentou este programa co fin de continuar os traballos que realizou pola igualdade das mulleres que habitan e traballan no medio rural e contra as violencias machistas.

Fademur lembra a “dobre discriminación” que viven as mulleres rurais, esta iniciativa traballa co fin de pór o foco en como se caracteriza a violencia machista no medio rural e “cales son os factores que aumentan o risco” de que as mulleres sexan vítimas de violencia machista.

Por unha banda, sinalar a caracterización da violencia de xénero no medio rural implica profundar nas causas da invisibilidade e descoñecemento social, no silencio das vítimas, o illamento e a soidade, a falta de recursos especializados, as dificultades no acceso aos recursos e a falta de anonimato nos recursos de atención.

Por outro, ao falar de factores que teñen incidencia, hai que ter presentes tamén as dificultades para ter unha independencia económica e social, a falta de oportunidades laborais e educativas, a dificultade para cumprir ordes de afastamento, o control social, as estruturas de poder e a supervivencia dos roles sexistas.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...