InicioEconomíaMarea de Vigo denuncia a "degradación" do servizo de bus urbano desde...

Marea de Vigo denuncia a “degradación” do servizo de bus urbano desde que se anunciou a ampliación de concesión

Pide "anular" a ampliación e aproveitar a oportunidade para redeseñar un novo modelo de transporte urbano, empezando por "traballar na remunicipalización" do servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este luns a “degradación” do servizo de bus urbano na cidade, que se constata desde que se ampliou a concesión dese servizo, e criticou que ese empeoramento se notou tanto nas condicións laborais, como nas “carencias” relativas á prevención da COVID-19.

Así, o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, lembrou que o propio comité de empresa puxo de manifesto estes problemas, aos que se suman o servizo deficiente ás parroquias, ou a falta de reforzo en horas puntas, que se traduciu en autobuses repletos en determinados horarios.

Pérez Correa volveu criticar a ampliación da concesión, xustificada polo goberno de Vigo pola pandemia e polas perdas da empresa durante o estado de alarma. A ese respecto, o portavoz de Marea apuntou que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia emitiu un informe “contrario á ampliación”.

Segundo lembrou, o propio alcalde, Abel Caballero, admitía hai uns meses que o contrato de bus (coa concesionaria Vitrasa) era “inxusto e desfasado” no seu sistema tarifario, e que non cubría as necesidades da cidade.

Por iso, Marea de Vigo pediu “anular” a ampliación da concesión, e aproveitar a oportunidade para redeseñar un novo modelo de transporte urbano, empezando por “traballar na remunicipalización” do servizo.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...