InicioEconomíaZona Franca de Vigo e Cámara de Comercio promoven a internacionalización de...

Zona Franca de Vigo e Cámara de Comercio promoven a internacionalización de pemes con misións comerciais virtuais

García Costas confirma que a celebración de Navalia en maio de 2021 é un "obxectivo atrasado" pola pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía asinaron este luns un convenio de cooperación para impulsar a internacionalización das pemes a través de misións comerciais inversas, que substituirán aos encontros presenciais e contactos de negocio que antes se celebraban no marco das feiras Conxemar e Navalia.

O acordo, subscrito polo delegado de Zona Franca, David Regades, e polo presidente da Cámara, José García Costas, suporá a impartición de xornadas formativas e informativas a empresas dos sectores de construción naval (subcontratas e auxiliares) e dos produtos do mar. Así mesmo, seleccionaranse empresas e importadores de países estranxeiros para establecer contactos privados con pemes en dúas misións comerciais virtuais.

As accións terán lugar entre outubro e decembro, e están cofinanciadas con fondos da UE (FEDER). O seu obxectivo é que as pemes poidan manter contacto con clientes estranxeiros, en encontros que, ata agora, facíanse forma presencial nas dúas feiras máis importantes que se celebran en Vigo, Conxemar (produtos do mar) e Navalia (construción e maquinaria naval).

Durante o acto da firma do convenio, o delegado de Zona Franca reafirmou a aposta deste organismo pola internacionalización das empresas, como ferramenta para o seu fortalecemento, e lembrou que “se sempre foi importante, agora coa pandemia é máis”. “Nos momentos difíciles, as administracións temos que estar que á altura”, proclamou.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...