InicioMedio Ambiente e PatrimonioOia recuperará unha parcela paralela ao Camiño Portugués

Oia recuperará unha parcela paralela ao Camiño Portugués

A Xunta colaborará coa recuperación ambiental dos terreos, situados na parroquia de Mougás, para evitar a súa degradación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta apoiou a recuperación dunha parcela paralela ao Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Oia cunha achega de 80.000 euros.

Así o explicou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante unha visita á actuación no marco da que destacou a importancia de “dar unha nova vida á contorna”. Ademais, puxo en valor o “pulo” rexistrado nesta variante do Camiño de Santiago recentemente.

En concreto, o Executivo galego asinou un convenio para colaborar na recuperación ambiental dos terreos, situados na parroquia de Mougás, para evitar a súa degradación.

Ademais, a Xunta destinou uns 30.000 euros á mellora de roteiros de Valga no que vai de ano, unha actuación enmarcada nos acordos con concellos que buscan mellorar as súas infraestruturas e consolidar a oferta turística rural. Así, acométense obras de recuperación e sinalización de recursos turísticos e favorécese a súa accesibilidade.

De feito, a Xunta aposta pola colaboración cos municipios para protexer as variantes do Camiño de Santiago de face ao Xacobeo para ofrecer a mellor imaxe de Galicia aos visitantes.

Precisamente, Alfonso Rueda destacou a dificultade que leva a crise para o sector turístico, polo que resaltou a importancia de continuar a potenciación da imaxe de Galicia como “destino seguro”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...