InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Celta, denunciado por unha asociación ecoloxista por unhas obras na cidade...

O Celta, denunciado por unha asociación ecoloxista por unhas obras na cidade deportiva

Ecoloxistas en Acción esixe paralizar as obras para verificar que se cumpren as licencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O club Celta de Vigo, denunciado. A asociación Ecoloxistas en Acción vén de facer pública a súa denuncia ante o Concello de Mos e a APLU o “aparente exceso de edificación” que, segundo destacan, estaría a ter lugar nas obras da Cidade Deportiva do Celta, situada nuns montes comunais da parroquia de Pereiras.

A denuncia dos ecoloxistas oriéntase a un suposto exceso sobre as licencias de edificación concedidas polo Concello de Mos. Segundo apuntan nun comunicado, o clube vigués estaría a construír máis alá dos permisos outorgados pola Xunta de Goberno en distintos puntos de 2018 e 2019. “A simple vista pode apreciarse que o edificio que están construíndo baixo a única cobertura legal das licencias directas excede en demasía o que pode considerarse un pequeno almacén e uns imprescindibles vestiarios”, sinalan.

Dende a asociación subliñan que as actuacións construtivas do Celta están a ter lugar en terreo rústico “de especial protección forestal”. Por esta razón, continúan, as obras estarán suxeitas a un réxime particular “moi estrito”, dado que o solo en cuestión debe ser “respectado e preservado”. Por riba, sinalan, “ditas actuacións só contan coas licencia directas otorgadas polo goberno do Concello de Mos, xa que tanto a Modificación Puntual do PXOM como o Plan Especial Deportivo express co que o Concello de Mos pretende dar cobertura xurídica ás obras non están aprobados”, destacan.

“Todo parece indicar que o Real Club Celta de Vigo podería estar a realizar obras ou actuacións ben sen contar coa oportuna  licencia ou orde de execución -por non estar cubertas polas dúas licenzas outorgadas polo  Concello de Mos ás que se aludiu nos epígrafes precedentes-, ou ben excedendo desde un punto de vista material as condicións autorizadas nas dúas licencias -tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados-.

PARALIZACIÓN DAS OBRAS

Ante esta circunstancia, Ecoloxistas en Acción esixe ao Concello de Mos que paralice as obras e “efectúe as oportunas comprobacións” para “verificar” se as obras realizadas se corresponden coas contempladas na licencia orixinal ou se, pola contra, o club vigués estaría a incorrer nunha ilegalidade no tocante ó emprego do chan. A plataforma xa anunciou que, se o Concello non fai cumplir a lei, eles mesmo adoptarán “medidas legais”, sen descartar acudir á vía penal.

ÚLTIMAS

Profesores en pé de guerra nas rúas de Vigo: “A situación no ensino público é de emerxencia”

Decenas de profesores saíron á rúa este martes en Vigo, no marco da folga...

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...