InicioMedio Ambiente e PatrimonioGondomar súmase á limpeza simultánea de ríos en toda Galicia organizada por...

Gondomar súmase á limpeza simultánea de ríos en toda Galicia organizada por Adega

O ano pasado foron recollidos 800 kilogramos de lixo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os veciños de Gondomar súmanse un ano máis ao “Proxecto Ríos”. Esta iniciativa, comandanda pola asociación ambiental ADEGA, consiste na limpeza simultánea de ríos de todos os puntos de Galicia; nun acto reivindicativo que pretende poñer en valor a necesidade do coidado do medio ambiente dun xeito activo.

A xornada escollida para o encontro será o vindeiro domingo 27, no que os veciños de distintos municipios das 4 provincias galegas se desprazarán ós ríos da súa contorna para tentar retirar a maior cantidade posible de lixo e refugallo. Os habitantes de Gondomar poñerán o seu gran de area actuando sobre o río Miñor e os seus afluentes.

A xornada, comandada polo Concello dará comezo ás 10:00 da mañá na Ponte das Ánimas. Precisa de inscrición previa, que pode ser realizada escribindo ao correo medioambiente@concellodegondomar.gal, onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. Os menores de 18 anos, destacan dende o Concello, deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.

MÁSCARAS CONMEMORATIVAS

A adhesión de Gondomar á xornada marca un ano máis de compromiso coa limpeza dos ríos, logo de que o ano pasado voluntarios do termo municipal recolleran máis de 800 quilogramos de refugallo nos mesmos ríos. O Concello insta a todos os veciños a participar e lembra: os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras conmemorativas da xornada, bolsas e luva, así com unha pequena merenda ao remate da actividade.  

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...