InicioSociedadeAnpas de Vigo ameazan cunha "demanda colectiva" se non se atenden as...

Anpas de Vigo ameazan cunha “demanda colectiva” se non se atenden as peticións para comedores e outros servizos

A Federación decidiu en asemblea deixar de prestar eses servizos por non ter un protocolo específico de prevención ante a COVID-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, comunicou este luns que, unha vez analizado o primeiro borrador de protocolo remitido pola Xunta para o funcionamento de comedores e aulas matinais xestionados por estas asociacións, manterá o seu ‘plante’ destes servizos ao non cumprir o documento “as demandas mínimas” expostas, e advertiu de que, se non se atenden esas peticións, formularán unha “demanda colectiva” por “danos morais e económicos”.

FOANPAS xestiona en Vigo e a súa área case unha trintena de comedores escolares, ademais de aulas matinais e actividades extraescolares, o que afecta a máis de 15.000 nenos e nenas. A Federación decidiu en asemblea deixar de prestar eses servizos por non ter un protocolo específico de prevención ante a COVID-19, e demandou da Xunta unhas pautas de actuación, supervisadas por técnicos de Educación e Sanidade, así como un compromiso por escrito de que as Anpas non serán responsables no caso de que se produzan contaxios nestes servizos.

Educación trasladou nos últimos días un primeiro borrador de protocolo para estes comedores xestionados polas Anpas, pero FOANPAS denunciou que “non cumpre as demandas mínimas” que expuxeron, polo que manteñen a súa decisión de non xestionar os servizos.

A Federación insistiu en que, mentres non se satisfagan esas demandas (eximir ás directivas da Anpas de responsabilidade por posibles denuncias en caso de contaxio e establecer un protocolo específico adaptado aos servizos complementarios de cada colexio) “non haberá máis negociacións coa Consellería de Educación”.

Se este martes ás 14,00 horas non hai unha resposta positiva ás solicitudes de FOANPAS, comezaremos o proceso dunha demanda colectiva das familias afectadas ante os tribunais da cidade, por danos morais e económicos, debido á non existencia dos servizos que permiten a conciliación laboral e familiar”, advertiron.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...