InicioPolíticaAbel Caballero critica a Feijóo por desatender Vigo e por non chamalo...

Abel Caballero critica a Feijóo por desatender Vigo e por non chamalo desde que comezou a pandemia

Agarda que o PP dea vía libre a poder gastar o superávit no Congreso e evita concretar como será o Nadal na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volve criticar ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, por “desatender” a Vigo. Así, sobre a relación do Concello de Vigo coa Administración autonómica, o rexedor afea que “non” faga investimentos en Vigo. “Eu estaría encantado se os quixese facer. Non é capricho nin é unha cuestión persoal, é a desatención durante anos“, subliñou Caballero, que afirma que a Xunta deixou de investir “2.000 millóns de euros durante anos”.

Tras apuntar que “a xente de Vigo falou clarísimo” sobre a actitude da Xunta nas últimas eleccións –“basta ver o que votou”, dixo en referencia aos resultados do PP na cidade–, Abel Caballero manifestou a súa disposición “ao diálogo e o entendemento, máis en tempos de coronavirus”.

Respecto ao cambio no titular da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, que pasa a exercer Marta Rodríguez-Tapias, Caballero expresou que se trata de “un cargo político” sobre o que “non” ten “nada que dicir”.

Con todo, aseverou que a canle de comunicación debe ser directamente entre el e o propio Alberto Núñez Feijóo. “A relación do alcalde de Vigo ten que ser co presidente da Xunta”, incidiu para a continuación afear o feito de non recibir “unha soa chamada” de Feijóo “desde o inicio da pandemia”. “O presidente do Goberno chama ao alcalde de Vigo con frecuencia. E o Goberno de España e os ministros falan co alcalde de Vigo. Non sucede o mesmo coa Xunta”, remarcou.

SUPERÁVIT

alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, tamén manifestou que confía en que o Partido Popular e o resto de grupos parlamentarios que rexeitaron no Congreso o decreto dos remanentes das entidades locais faciliten agora que saia adiante a proposta do Goberno para suspender a regra de gasto e que os concellos poidan investir o seu superávit.

Nunha entrevista a Radio Nacional este domingo recollida por Europa Press, o rexedor olívico lembrou que se trata dunha proposta do Ministerio de Facenda que debe pasar polo Congreso, onde hai dúas semanas foi tombado o acordo entre Goberno e FEMP nunha votación “enormemente prexudicial para os concellos”.

Pola mañá iamos ter 17.000 millóns de euros e pola tarde tiñamos cero“, expresou Caballero, que sinalou que o que agora expón Facenda é “un decreto de urxencia” que recupera parte do que incluía o acordo rexeitado nas Cortes e que, de saír adiante, permitirá “gastar ao redor de 3.500 millóns de euros” que pertencen ao superávit dos concellos.

“Fago un chamamento a que digan que si, que se poida levar ese decreto ao BOE e os concellos poidan gastar”, sinalou Caballero tras apuntar que o seu goberno xa ten lista a tramitación para dispor dos 18,1 millóns de euros que ten de superávit, aínda que, como incidiu, necesita o visto e prace do Congreso.

NADAL EN VIGO

Cuestionado sobre como afectará a pandemia ás luces de nadal que o concello xa iniciou a instalar na cidade olívica, Caballero sinalou que baralla “varios escenarios” ante unha situación “moi difícil”, polo que apelou a “esperar” como evoluciona.

Así as cousas, afirmou que “o nadal de Vigo xa está a ser un referente outra vez no mundo”. “En canto empezamos a pór as luces dedicáronnos unha páxina en The Guardian ou na Republicca de Italia”, sinalou o rexedor.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...