InicioSociedadeIllados 24 alumnos e profesores en Vigo e 48 en Redondela por...

Illados 24 alumnos e profesores en Vigo e 48 en Redondela por varios positivos en Covid

A alcaldesa de Redondela fai un chamamento á calma e di que só hai un centro afectado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Colexio María Auxiliadora (Salesianos) de Vigo determinou o illamento dos alumnos dunha aula de Primaria e da súa profesora tras confirmarse o caso positivo de COVID dunha das estudantes desa clase.

Segundo comunicouse ás familias por parte da dirección do centro, unha alumna dunha das clases de 5º de Primaria deu positivo por coronavirus, polo que o resto dos seus compañeiros (23 estudantes) e a súa titora, aos que se realizarán probas PCR, deberán gardar corentena.

O colexio estableceu que este período de illamento será de 14 días para estudantes e profesora, independentemente do resultado das probas PCR, ao considerarse que forman un grupo estable de convivencia.

Por outra banda, o centro tamén informou de que se realizarán probas PCR a outros tres profesores que tiveron contacto puntual con esta alumna, aínda que no seu caso, se os resultados son negativos, non deberán gardar corentena porque non forman parte do grupo estable de convivencia.

CEIP DE REDONDELA

Por outra banda, o CEIP Outeiro das Penas de Cesantes, en Redondela, mantén dúas aulas pechadas e 48 nenos en illamento, ademais de dous profesores, despois de detectarse dous casos de coronavirus entre os alumnos, aínda que os primeiros resultados das PCR realizadas descartaron, de momento, novos contaxios.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do propio centro e do Concello de Redondela, a medida tomouse despois de que un alumno de segundo de Primaria comunicase o seu positivo ao colexio. Ao realizar as probas ao núcleo familiar, tamén se constatou que a irmá menor do neno estaba contaxiada (alumna de Infantil do mesmo centro).

O colexio activou o protocolo e decretou o illamento das dúas aulas completas, un total de 48 alumnos e dous profesores, e xa se realizaron as probas entre os menores da clase de Primaria.

CHAMADA Á “TRANQUILIDADE”

Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, a socialista Digna Rivas, insistiu en facer un chamamento á “tranquilidade” porque, de momento, o CEIP Outeiro das Penas é o único centro afectado en todo o municipio e, ademais, “os nenos non se contaxiaron no colexio”.

Rivas sinalou que, tras o cambio na Consellería de Sanidade e o nomeamento de Julio García Comesaña como conselleiro, “hai unha coordinación permanente” entre o Sergas e o Concello, e agora tamén co colexio afectado

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...