InicioPolíticaO xerente da área sanitaria de Vigo, novo conselleiro de Sanidade

O xerente da área sanitaria de Vigo, novo conselleiro de Sanidade

Feijóo decidiu cambiar aos conselleiros de Sanidade e Educación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nomeou o novo goberno que lle acompañará no seu cuarto mandato. Un executivo no que destacan a substitución dos conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e Eduación, Carmen Pomar. Precisamente, a de Sanidade será asumida polo actual xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña.

Tamén haberá cambios na carteira de Economía, que adquire rango de Vicepresidencia con Francisco Conde á fronte e desdóbrase nun novo departamento que aglutina Emprego e Igualdade.

As competencias en educación se reagruparán agora co departamento de Cultura, como o estaban antes da última remodelación en 2018. Así, volverá ser Román Rodríguez quen se ocupe desta área desde a rebautizada Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ademais, haberá dúas novas caras no Consello da Xunta. Unha delas será, precisamente, a do novo conselleiro de Sanidade tras a destituión de Vázquez Almuiña. O encargado deste departamento chave na xestión da pandemia será Julio García Comesaña, ata agora xerente da área sanitaria de Vigo.

A segunda incorporación ao Executivo de Feijóo é a de María Jesús Lorenzana Somoza, a ata este momento secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural, para a que crea unha Consellería de Emprego e Igualdade. A área laboral se desliga así da de Economía, que se eleva a rango de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación con Francisco Conde como titular.

RUEDA SEGUE DE VICEPRESIDENTE

Pola súa banda, Alfonso Rueda continuará como vicepresidente –antes era o único, agora será o primeiro–, pero o seu departamento se rebautiza como Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Esta última área sumouse a Cultura nos cambios do 2018.

Valeriano Martínez continuará á fronte da carteira de Facenda, que reunirá tamén as competencias en Administración Pública tras desligarse de Vicepresidencia.

En canto ao resto do seu goberno, Feijóo optou por manter as competencias intactas: Fabiola García como conselleira de Política Social; Ángeles Vázquez á fronte de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Ethel Vázquez en Infraestruturas e Mobilidade; José González no medio Rural; e Rosa Quintana como conselleira do Mar.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...