InicioSucesosUn mozo ingresado en Coidados Intensivos tras accidentarse ao facer saltos acrobáticos...

Un mozo ingresado en Coidados Intensivos tras accidentarse ao facer saltos acrobáticos na praia de Samil

Un mozo veciño de Vigo de 19 anos de idade, P.G.R., resultou ferido grave tras saltar de cabeza ao mar na zona da desembocadura do río Lagares, en Samil, e golpearse contra o fondo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo veciño de Vigo de 19 anos de idade, P.G.R., resultou ferido grave tras saltar de cabeza ao mar na zona da desembocadura do río Lagares, en Samil, e golpearse contra o fondo.

Segundo informaron fontes policiais, foron os seus acompañantes os que alertaron a emerxencias, e sinalaron que o mozo estaba a facer saltos acrobáticos para mergullarse, utilizando unha aboia semienterrada na beira como trampolín.

Nun deses saltos o mozo golpeouse contra o fondo mariño e quedou inconsciente, de maneira que o seu corpo emerxeu e quedou flotando. Os socorristas sacaron da auga ao bañista, que recuperou a consciencia e que manifestou que N

Efectivos de emerxencias sanitarias evacuaron inmediatamente á vítima ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde quedou ingresado na Unidade de Coidados Intensivos.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...