InicioSucesosUnha colisión entre tres vehículos deixa un falecido e dous feridos en...

Unha colisión entre tres vehículos deixa un falecido e dous feridos en Mos

En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, os vehículos circulaban pola N-550 ao seu paso por Louredo, no quilómetro 148, cando ocorreu o sinistro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou falecida e dúas feridas nun accidente de tráfico no que se viron implicados tres vehículos e que ocorreu este xoves en Mos.

En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, os vehículos circulaban pola N-550 ao seu paso por Louredo, no quilómetro 148, cando ocorreu o sinistro.

Foi un particular o que alertou a emerxencias sobre as 14.30 horas. Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de emerxencias local, así como persoal sanitario do 061.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...