InicioSucesosIngresa en prisión a parella detida por obrigar á súa inquilina a...

Ingresa en prisión a parella detida por obrigar á súa inquilina a prostituírse

A Policía descubriu que esta parella rexentaba un piso de citas e que, mentres que o home se encargaba de 'promocionar' ás mozas en webs de contactos e transportalas aos servizos, a muller centrábase nas xestións e cobros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 6 de Vigo decretou o ingreso en prisión dunha parella, ambos de nacionalidade colombiana, de 31 e 37 anos de idade, e que foron detidos pola Policía Nacional por delitos relacionados coa prostitución e o tráfico de drogas, e por infracción da Lei de Estranxeiría.

A investigación iniciouse cando a Policía soubo que unha muller estranxeira, en situación de vulnerabilidade, fora obrigada a prostituírse polos donos do piso no que vivía. Os seus explotadores ameazárana con deixala, a ela e á súa familia, na rúa, se non se encartaba ás súas esixencias.

A muller estaba obrigada a estar dispoñible 24 horas, a entregar a metade do diñeiro que lle pagaban, e a consumir drogas e incitar aos clientes a que tamén as consumisen.

A Policía descubriu que esta parella rexentaba un piso de citas e que, mentres que o home se encargaba de ‘promocionar’ ás mozas en webs de contactos e transportalas aos servizos, a muller centrábase nas xestións e cobros.

Ambos foron detidos e trasladados a Comisaría (onde se comprobou que o home tiña varios antecedentes policiais), antes da súa posta a disposición do xulgado, que decretou o ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...