InicioPolíticaO PP vigués di que non se desinfectan parques infantís desde "hai...

O PP vigués di que non se desinfectan parques infantís desde “hai meses”

Tamén engadiron desde o grupo municipal do PP, "nas praias hai semanas que non funciona o sistema de cintas para parcelar a area".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este mércores que “hai meses” que os parques infantís e as rúas da cidade non se desinfectan, e “é máis que visible a falta de limpeza“.

Segundo trasladou o grupo a través dun comunicado, o camión de desinfección “do que tanto presumiu” o alcalde “está gardado e hai tempo” que non fai ese servizo. Así mesmo, criticaron os ‘populares’ “a desinfección non chega á totalidade dos parques infantís” e “os nenos teñen que xogar en parques sucios e sen desinfectar”.

Por outra banda, engadiron desde o grupo municipal do PP, “nas praias hai semanas que non funciona o sistema de cintas para parcelar a area“. “Un diñeiro gastado e malgastado. Para que as comprou?Crese que aos vigueses sóbranos o diñeiro?”, cuestionou o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes.

Os ‘populares’ lamentaron que Abel Caballero “si teña diñeiro para loces pero non para desinfección” e lembraron que, coa actual evolución da pandemia, “agora mesmo a limpeza é a prioridade”. “O que pasa é que este tema non dá estudios de televisión e as luces de Nadal si”, apostilou Marnotes.

Cuestionado acerca destas denuncias, o alcalde manifestou nunha rolda de prensa que “todos os días se desinfectan todos os parques infantís, os parques biosaludables, e as instalacións deportivas”.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...