InicioBueu reivindica a figura de Johán Carballeira, represaliado polos Nacionais, cun novo...

Bueu reivindica a figura de Johán Carballeira, represaliado polos Nacionais, cun novo concurso de xornalismo e poesía

O resultado do certame foi presentado do Día da Galiza Mártir.

PUBLICADO O

- Advertisement -

84 anos fixo este 17 de agosto dos fusilamentos da Caeira, en Poio, cos que as tropas quitaron a vida a varias figuras da intelectualidade galeguista da época. Aínda que o máis soado dos mártires é Alexandre Bóveda, entre os asasinados na localidade estivo tamén Francisco José Gómez de la Cueva, máis conocido como Johán Carballeira, xornalista, político e escritor de orixe vigués que morreu a mans dos militares uns meses máis tarde, en 1937.

Para conmemorar a súa figura no Día da Galiza Mártir, o Concello de Bueu acolleu na xornada deste luns o acto de entrega dos Premios Johán Carballeira, que dende hai 24 anos prestan recoñecemento no campo da poesía e, dende hai 17, tamén no eido do xornalismo. Os premios nesta atípica edición recolleron os seus galardóns -unha placa de cerámica coa imaxe do artista, deseñada pola artista Paula Pereira, máis coñecida como Cavalinho do demo- no Centro Social do Mar.

O acto contou coa presenza de Marcos Abalde, gañador na categoría de poesía por Alcatrán, e a xornalista lucense Nieves Neira, galardoada en xornalismo coa reportaxe titulada “A fotógrafa revelada”. Na súa intervención Neira reivindicou a necesidade de recuperar as voces de tantas mulleres silenciadas, e mostrou o agradecemento a toda a familia que non deixaron morrer o legado de Maruja Roca. E nunha clara alusión á situación do xornalismo, Neira afirmou que “esta reportaxe foi creada nas horas gañadas ao tempo dunha profesión cada vez máis precarizada”.

Marcos Abalde, que mereceu o premio polo poemario Alcatrán, destacou no seu discurso a importancia do Día da Galiza Mártir, porque “esta é unha data máis importante do que poidamos imaxinar, sobre todo nun tempo no que se nos quere privar dos nosos mortos”. Unhas verbas moi reivindicativas, que se ensamblan co poemario no que dignifica o rural e as persoas que o habitan, e que verá a luz proximamente na editorial Xerais.

O cantautor guardés Tino Baz puxo o broche final con cancións baseadas en poemas de Rosalía de Castro coas que, segundo apuntou na actuación, “preténdese dar outra imaxe da nosa poeta, afastada dese carácter de chorona ao que moitos a condenaron”.

CONVOCATORIA DO ANO 2021

Por outra banda, o Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2021, e que contarán cunha dotación económica de 1500 € para ambas categorías amais da publicación no caso do de poesía, tal e como vén sendo habitual, por parte da Editorial Xerais. As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas na páxina web do Concello de Bueu.

ÚLTIMAS

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao...