InicioSucesosEncontran restos de material explosivo en mal estado nunha vivenda en Moaña

Encontran restos de material explosivo en mal estado nunha vivenda en Moaña

Os restos foron localizados o pasado martes no baixo cuberto da vivenda dunha persoa falecida hai 16 anos que se dedicaba á construción de pozos de auga artesáns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Especialistas do Servizo de Desactivación de Artefactos Explosivos da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra recolleron en Moaña “unha importante cantidade” de mecha lenta e restos de varios cartuchos de dinamita que se atopaban dentro dunha propiedade privada dun poceiro falecido hai varios anos.

Así o informou o Instituto Armado, que indicou que tanto a mecha lenta, cos restos dos cartuchos de dinamita, foron localizados o pasado martes no baixo cuberta da vivenda dunha persoa falecida hai 16 anos que se dedicaba á construción de pozos de auga artesáns.

Cando o dono da leira puxo o feito en coñecemento do Posto da Garda Civil de Moaña, “adoptáronse inmediatamente as primeiras medidas de prevención“, destacaron as mesmas fontes, e activouse de forma inmediata o protocolo de actuación por parte dos Tedax da Garda Civil para a neutralización e recollida do material para a súa total destrución.

O equipo Tedax, sinalou a Benemérita, que acudiu ao lugar da incidencia confirmou que eran 300 metros de mecha lenta e restos de varios cartuchos de explosivos tipo dinamita, “comunmente utilizado na época para a realización de voaduras en construción de pozos e outros usos similares”, puntualizaron as mesmas fontes.

Os restos atopados, “debido á súa antigüidade e mal estado de conservación, tiñan cristalizada a nitroglicerina que contiña polo que facía a súa manipulación extremadamente perigosa”, subliñou a Benemérita.

Ante este tipo de achados os Técnicos Especialistas en Desactivación de Explosivos da Garda Civil aconsellan “non abandonar este material como lixo” e lembran que a forma de actuar cando se localice algún artefacto ou material explosivo consiste en “non tocar nin manipular o obxecto, sinalizar e acordoar a zona e avisar de inmediato á Garda Civil a través do teléfono 062”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...