InicioSucesosMorre un home nunha praia de Moaña

Morre un home nunha praia de Moaña

Polo momento, descoñécense as circunstancias nas que se produciu o falecemento do bañista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home faleceu este domingo nunha praia de Moaña  por causas que aínda se investigan, informaron fontes do 112, que explicaron que os socorristas do areal sacaron da auga a esta persoa en estado inconsciente e os servizos de emerxencia confirmaron pouco despois a morte.

O aviso do ocorrido foi recibido polo 112 ao redor das 18,00 horas. O persoal de vixilancia da praia da Xunqueira foi quen alertou de que o home necesitaba asistencia urxente.

Foron mobilizados profesionais do 061 e ao lugar desprazouse unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago, que non puido facer nada por salvar a vida desta persoa.

Polo momento, apuntou o 112, descoñécense as circunstancias nas que se produciu o falecemento do bañista. Deuse aviso tamén á Garda Civil e a Policía Local.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...