InicioEconomíaO BNG reclama ao goberno local que evite a tramitación dun...

O BNG reclama ao goberno local que evite a tramitación dun ERE nunha escola infantil municipal

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, alertou de que a empresa da escola infantil Atalaia promove un ERTE con efectos desde o 15 de xullo ata finais de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, demandou unha actuación por parte do goberno local que evite a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de carácter suspensivo sobre o persoal da empresa adxudicataria da xestión da escola infantil municipal Atalaia.

A este respecto, o edil da formación frontista na cidade olívica alertou de que a empresa promove un ERTE con efectos desde o 15 de xullo ata finais de agosto.

Nesta liña, criticou esta decisión por parte dunha empresa que, segundo lembrou, recibiu a declaración de imposibilidade de execución de contrato en abril e poderá percibir unha indemnización por parte do Concello.

Por este motivo, Igrexas avanzou que reclamará información sobre esta situación ao goberno local, ao que urxirá unha actuación que impida a tramitación do ERE nesta escola, cuxa titularidade é municipal.

Así mesmo, o edil da formación nacionalista en Vigo tachou o expediente de “inxustificado e inxusto” para o persoal, composta por 13 traballadoras.

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...