InicioSociedadeAlerta laranxa por temperaturas de ata 37 graos

Alerta laranxa por temperaturas de ata 37 graos

Recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por altas temperaturas nas Rías Baixas e na zona de Baixo Miño, en Pontevedra, por temperaturas de ata 37 graos.

Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico está xa en curso e prolongarase ata últimas horas da tarde.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manterse hidratado, tomar comidas lixeiras, cubrirse a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Ademais, lémbrase que nunca debe deixarse nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...