InicioEconomíaTui reforza as brigadas de desbroce

Tui reforza as brigadas de desbroce

A duración do contrato dos 11 novos desbrozadores será de 9 meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Once novos traballadores incorpóraronse ao longo deste mes á plantilla do Concello de Tui. Teñen coma cometido fundamental a realización de labores de desbroce ao longo de todo o termo municipal.

Estes contratos están subvencionados pola Xunta de Galicia a través de varios programas, entre eles o APROL Rural. A duración do contrato será de 9 meses.

Hoxe, 15 de xullo, comeza o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao dous procesos selectivos que se veñen de convocar, logo de ser publicadas as bases onte no BOPPO.

O proceso aborda o nomeamento interino da praza tanto de Técnico de Xestión como de Arquitecto e cadansúas formacións da lista de reserva.

As solicitudes poderán presentarse ata o 24 de xullo.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...