InicioSucesosPiden para un home vigués 17 anos de cárcere por lesionar e...

Piden para un home vigués 17 anos de cárcere por lesionar e agredir sexualmente á súa parella

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita penas que suman 17 anos de prisión para un veciño de Vigo como presunto autor dun delito de malos tratos domésticos, un delito continuado de agresión sexual e outro de lesións á súa parella, e que será xulgado o martes na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Os feitos que se xulgarán sucederon o 25 de agosto de 2016 cando, sobre as 14.00 horas e, segundo a Fiscalía, o acusado presentouse nas proximidades do lugar de traballo da súa parella, en Pontevedra, e comezou con ela unha discusión por celos. No transcurso da rifa, O.O.G. golpeou á muller nos brazos, mentres a acusaba de manter unha relación co seu xefe.

Ese mesmo día, sobre as 23:30 horas, e xa no domicilio da parella en Vigo, o acusado renovou a discusión por esasuposta relación que, dicía, a súa parella tiña co seu xefe. Así, con ánimo de menoscabar a integridade física da muller, propinoulle fortes labazadas na cara, empuxouna e tiroulle do pelo.

O.O.G. fíxose cun coitelo e intimidou á vítima, mentres a insultaba e ameazábaa de morte. Estando no dormitorio, abusou sexualmente dela, e propinoulle golpes e patadas por todo o corpo, causándolle diversas lesións: hematomas, equimosis e unha fractura no nocello esquerdo.

Ademais do tratamento polas lesións traumáticas, a vítima precisou tratamento e seguimento psicolóxico e psiquiátrico. Con todo, en declaración xudicial, manifestou a súa vontade de non reclamar indemnización por esas lesións.

PETICIÓN DE PENAS

A Fiscalía acusa a O.O.G. dun delito de malos tratos domésticos, polo que pide 1 ano de prisión, tres anos de prohibición de tenencia e porte de armas, e 3 anos de afastamento da vítima.

Por un delito continuado de agresión sexual, reclama que se lle impoñan 12 anos de cárcere, que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa vítima por 10 anos, así como outros 10 anos de liberdade vixiada. E, polo delito de lesións, pide unha pena de 4 anos de cárcere, e prohibición de achegarse ou comunicarse coa muller por 9 anos.

En canto á responsabilidade civil, reclama unha indemnización de 770,16 euros para o Sergas polos tratamentos médicos que a vítima necesitou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...