InicioSucesosFerido un neno ao lanzarse ao mar en Baiona

Ferido un neno ao lanzarse ao mar en Baiona

Segundo informa o 112 Galicia, un particular avisou ás 18,00 horas de que o mozo se tirou de cabeza ao mar e chocara contra o fondo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un neno resultou ferido na tarde deste venres despois de lanzarse ao mar en Baiona, na praia de Santa Marta.

Segundo informa o 112 Galicia, un particular avisou ás 18,00 horas de que o mozo se tirou de cabeza ao mar e chocara contra o fondo. Foron desprazados medios do 061 ata o areal.

Noutra orde de cousas, unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde en Vila de Cruces despois de que o tractor que manexaba envorcase no lugar de Souto. Un helicóptero medicalizado evacuou ao ferido a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...