InicioVigo e contornaMosGómez-Reino avoga en Mos por romper nas urnas "a cultura de pelotazo...

Gómez-Reino avoga en Mos por romper nas urnas “a cultura de pelotazo e corrupción urbanística promovida polo PP”

O candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova Mareas mantivo un encontro coa plataforma veciñal que se opón á construción dun centro comercial nos montes comunais de Tameiga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, avogou por romper nas urnas o vindeiro domingo coa “cultura de pelotazo e corrupción urbanística” promovida, di, polo PPdeG de Alberto Núñez Feijóo durante os seus once anos de goberno.

Así o indicou na súa visita este martes á localidade pontevedresa de Mos, onde mantivo un encontro, acompañado polos candidatos Eva Solla e Marcos Cal, coa plataforma veciñal que se opón á construción dun centro comercial nos montes comunais de Tameiga.

Tras manifestar o seu apoio aos veciños, cos que realizou un paseo pola zona, Gómez-Reino indicou que este proxecto “expresa dúas das problemáticas principais que ten a expoliación do territorio” en Galicia.

Por unha banda, segundo o candidato da alianza de esquerdas, está “a vontade” de levar a cabo “un gran centro comercial” que “non é o tipo de comercio e infraestrutura comercial que hai que potenciar”, xa que En Común considera que, a crise do coronavirus, mostrou que “hai que tender” a potenciar o comercio de proximidade desde as administracións.

Así mesmo, tamén ve no proxecto nos montes de Tameiga un exemplo de “corrupción urbanística e todos os mecanismos de presión contra o monte comunal, promovido polo Partido Popular de Feijóo e por intereses especulativos e urbanísticos”.

Así as cousas, e tras animar aos veciños da zona a continuar protestando contra estes intereses “especulativos”, Gómez-Reino chamou a abrir tras o vindeiro domingo unha nova etapa na Xunta “que priorice o ben común”.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...