InicioEconomíaO Concello de Vigo descontará 99 días do recibo do lixo a...

O Concello de Vigo descontará 99 días do recibo do lixo a pequenos comerciantes e hostaleiros

A exención será aplicable unicamente aos negocios que estiveron pechados durante o estado de alarma.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo descontará do recibo do lixo a pequenos comerciantes e hostaleiros a parte correspondente aos 99 días de duración do estado de alarma, nos que estes negocios non puideron desenvolver a súa actividade.

Así o anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou esta medida como unha forma de axudar a pequenos empresarios e autónomos destes sectores, de maneira que o recibo do lixo, que lles chegará en menos dun mes, xa contemplará ese desconto.

Segundo precisou o alcalde, a exención será aplicable unicamente aos negocios que estiveron pechados durante o estado de alarma, basicamente pequenos comercios, cafetarías, bares e restaurantes. Así mesmo, lembrou que o Concello de Vigo é “o único” que aínda non cobrou ningún imposto, tras pospor en varias ocasións eses pagos, desde o inicio da pandemia.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...