InicioSucesosAparece flotando o corpo sen vida dun sexagenario na zona de Beiramar...

Aparece flotando o corpo sen vida dun sexagenario na zona de Beiramar en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo dun home sexagenario foi localizado pasada a medianoite cando flotaba no mar nas proximidades da Avenida Beiramar, na cidade de Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, uns minutos despois da medianoite deste luns, axentes da Policía Nacional avisaron do ao servizo de emerxencias de que había un corpo que flotaba á altura do número 59.

Con esta información, púxose en marcha un operativo que contou coa colaboración dos membros de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Policía Local e Nacional. De igual modo, o 112 avisou tamén a Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Finalmente, axentes da Policía Local confirmaron que o corpo sen vida fora rescatado da auga. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do sucedido.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...