InicioSociedadeOs positivos por covid19 non poderán acudir a votar pero sí as...

Os positivos por covid19 non poderán acudir a votar pero sí as persoas do seu entorno que estean en corentena

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou este domingo que as persoas que desen positivo por coronavirus non poderán ir votar nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, mentres que os contactos estreitos que estean en corentena si o poderán facer tomando medidas de precaución.

Nunha rolda de prensa na que anunciou o peche do distrito sanitario da Mariña (Lugo) durante cinco días a causa do brote de COVID-19 rexistrado na zona, que acumula 106 positivos, Almuiña destacou que os contactos son “persoas sas” que estiveron con algún positivo e ás que se lles fai un seguimento para ver se desenvolven síntomas. Teñen que permanecer illadas durante ese período.

“Esas persoas poden votar. Un contacto, evidentemente, pode votar”, expuxo o conselleiro, que lembrou que o voto é “un dereito fundamental”. “Pode, con máscara, ir ao colexio e volver a casa a continuar a corentena”, concretou. “Un positivo non pode”, dixo a continuación e sinalou que estes casos poderán ir ás urnas se superan o seu período de confinamento.

   No caso de que alguén teña síntomas pero estea pendente do resultado da proba para comprobar se ten COVID-19, terá a consideración de “positivo” a efectos das restricións que se lle aplican.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...