InicioSociedadeA Guarda, premiada grazas á taxa de doazóns de sangue máis alta...

A Guarda, premiada grazas á taxa de doazóns de sangue máis alta da provincia de Pontevedra

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de A Guarda encabeza as doazóns de sangue en Pontevedra, cun rexistro de 82
doazóns por cada 1.000 habitantes en 2017. O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Sanidade, Teresa Vicente, asistiron na tarde de onte xoves ao acto de entrega de galardóns polo Día Mundial dos Doadores de Sangue, no que a Axencia de Doazón de órganos e Sangue (ADOS) recoñeceu á Guarda como o concello
con maior taxa de doazóns da provincia de Pontevedra.

Durante o acto, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, agradeceuse o labor dos doadores e doadoras e púxose en valor o seu carácter solidario, grazas ao cal Galicia mantense dende hai 18 anos consecutivos dentro dos índices recomendados pola OMS e por riba da media de doazón estatal.

Segundo informou a directora da axencia, Marisa López, na Guarda rexistráronse 82 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2017, o que a converte nunha das localidades galegas con maior taxa de doazón.

Xunto á Guarda, foron galardoados Padrón, o concello que encabeza as doazóns na provincia da Coruña e a nivel autonómico cunha taxa de 105/1.000; A Pobra de Trives, coa maior participación en Ourense (69/1.000); e o concello de Meira, coa maio taxa de doazón da provincia de Lugo (49/1.000).

Neste senso, o Concello da Guarda agradeceu publicamente a solidariedade de todos os veciños e veciñas da Guarda que con regularidade participan nas campañas de doazón altruísta, toda vez que eles son os verdadeiros protagonistas do recoñecemento recibido.

As doazóns en Galicia

Este ano cúmprense 25 anos dende o inicio das campañas de doazón de sangue altruísta en unidades móbiles en Galicia, o que permitiu -segundo ADOS- pasar de ocupar o derradeiro posto en índice de doazón a situarse entre as comunidades máis solidarias a nivel estatal. Durante 2017, rexistráronse en Galicia 108.656 doazóns de sangue.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...