InicioSociedadeSen avances significativos na loita contra os contaxios da COVID-19

Sen avances significativos na loita contra os contaxios da COVID-19

PUBLICADO O

- Advertisement -

A entrada na chamada “nova normalidade” está ralentizando, e moito, a loita contra o coronavirus. Durante toda a semana non se rexistraron descensos significativos e, de feito, houbo días nos que aumentaron o número de casos na área deVigo. Este sábado, por exemplo, hai os mesmos casos que o venres e só hai un caso menos no conxunto de Galicia, situándose o número total de contaxiados en 340.

Así se reflicte nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, nos que se sinala que do total de pacientes positivos, seis permanecen en unidades de hospitalización –igual que este venres– e 334 en seguimento domiciliario –un menos–. A UCI de Galicia seguen sen casos Covid-19.

Dos 340 casos positivos, 141 corresponden á área de Vigo –os mesmos que o venres–; 110 á da Coruña –un máis–; 28 á de Santiago –un menos–; 24 á de Ourense –os mesmos–; 17 á de Lugo –os mesmos–; 12 á de Ferrol –igual que hai 24 horas– e oito á de Pontevedra –un menos–.

Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.530 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño, e correspóndese cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascende a 164.673, fronte ás 163.569 do venres.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...