InicioSucesosTrasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro un home que agrediu a varias persoas...

Trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro un home que agrediu a varias persoas na vía pública

Dada a agresividade e corpulencia deste individuo, varios axentes tiveron que inmobilizalo para poder identificalo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo auxiliaron a un home de 44 anos de idade, V.C.R., que tentou agredir a varias persoas na vía pública, e que tivo que ser inmobilizado, sedado e trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro polo seu nivel de agresividade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar ao mediodía deste xoves, cando unha dotación acudiu á rúa Cánovas del Castillo, tras recibir unha alerta de que un home estaba a agredir a outro.

Ao chegar ao lugar, os axentes separaron aos dous homes e tentaron tranquilizar ao que iniciara a agresión, que non paraba de arremeter contra o outro home, e contra un grupo de persoas que se atopaban nunha marquesiña dunha parada de bus.

Dada a agresividade e corpulencia deste individuo, varios axentes tiveron que inmobilizalo para poder identificalo. Unha vez acougado, o home sinalou que se atopaba en tratamento psicolóxico pero que ese día non tomara a súa medicación e que, ademais, consumira drogas.

As testemuñas explicaron que o home, sen ningún motivo, dirixiuse a unha moza que estaba fronte a un centro comercial, e encarouna en actitude violenta, tentado agredila; nese momento, outro home interpúxose para defendela e iniciouse a pelexa. Ademais, outra testemuña relatou que, momentos antes, o mesmo home agredira ao cliente dunha cafetaría próxima.

Os policías solicitaron unha ambulancia, dado que o home, volveu porse agresivo e proferiu insultos contra os axentes e contra as persoas que estaban na parada de bus.

Cando chegou o persoal sanitario, foi necesario inmobilizalo entre 7 persoas, xa que se resistiu. Finalmente, sedado foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro nunha ambulancia, con apoio de efectivos da Policía Local..

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...