InicioSucesosDetido en Vigo por agredir un condutor de bus urbano, que lle...

Detido en Vigo por agredir un condutor de bus urbano, que lle recriminou que viaxase sen máscara

As testemuñas relataron que o condutor recriminouao agresor que non se puxese a máscara no bus e que, ademais, viaxase cos pés enriba do asento, impedindo sentar a outros usuarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, M.V.G., de 43 anos de idade, como autor dunha agresión a un condutor de bus urbano, que lle recriminou que viaxase sen usar a máscara obrigatoria.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pouco antes das 15,00 horas deste luns, cando o 092 recibiu un aviso sobre un ataque a un condutor de bus urbano cando facía a súa ruta pola rúa Travesía de Vigo.

As testemuñas relataron que o condutor recriminou a este home que non se puxese a máscara no bus e que, ademais, viaxase cos pés enriba do asento, impedindo sentar a outros usuarios.

Ao ser reprobado, o individuo levantouse do seu asento e dirixiuse ao posto do condutor, ao que propinou varias puñadas. O agredido foi auxiliado por algúns viaxeiros e logrou sacar ao agresor, mentres se avisaba á Policía.

Cando os axentes chegaron e escoitaron o sucedido, dirixíronse ao sospeitoso, ao que pediron que se puxese a máscara para entrevistarse con el acerca do ocorrido.

O home achegouse aos policías e propinou unha puñada no peito a un dos axentes, polo que foi inmediatamente detido polo ataque ao condutor e por un delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...