InicioSen categorizarEloína Núñez, curmá de Feijóo, sinala que os sanitarios galegos contaxiáronse nas...

Eloína Núñez, curmá de Feijóo, sinala que os sanitarios galegos contaxiáronse nas salas de ‘café’ e nos ‘congresos’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta afirmación faina Eloína Núñez, curmá do presidente galego, e xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza. Unhas declaracións que encenderon os ánimos dos profesionais sanitarios. Nunha entrevista en La Voz de Galicia, Núñez destaca as medidas tomadas polo Sergas e pola Xunta para paliar esta pandemia.

“Ao principio, os sanitarios que daban positivo non era polo traballo do hospital, senón que se trataba de profesionais que estiveran nalgunha xornada, congreso ou reunión fóra de Galicia. Eses foron os primeiros que empezaron a dar positivo. Despois apareceron casos que se contaxiaron por un contacto, e chegou un momento no que nas salas de café que hai nas plantas retiramos as cadeiras de brazos onde sentaban os profesionais, porque isto facía que estivesen xuntos máis sanitarios, o que daba lugar a favorecer o contaxio entre eles”.

A Federación de Sanidade de CCOO esíxelle á Consellería de Sanidade a súa destitución. AÍ, cualificou de “inaceptables” as palabras da xerente e pide unha “rectificación pública”. O sindicato considera “absolutamente inadmisible que a Administración sanitaria galega, no canto de felicitar o seu persoal polo labor realizado, só lles dirixa críticas”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...