InicioPolíticaPontón acusa de "incompetencia" a Feijóo e Sánchez polo peche de fronteiras...

Pontón acusa de “incompetencia” a Feijóo e Sánchez polo peche de fronteiras na ‘raia’ do Miño

A portavoz nacional do BNG apuntou que "non ten sentido" que non se permita a comunicación polo resto de pasos fronteirizos, nunha área na que se concentra o maior volume de tráfico de toda a fronteira entre España e Portugal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, denunciou este venres a “incapacidade” dos gobernos de España e de Galicia para dar resposta á crítica situación que viven os municipios da ‘raia’ do Miño, “incomunicados” co Norte de Portugal polo peche de fronteiras decretado co estado de alarma.

Pontón desprazouse este venres á Ponte da Amizade en Goián, Tomiño (Pontevedra) para mostrar o seu apoio aos veciños destes territorios transfronteirizos, nunha visita na que estivo acompañada pola cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, e polos alcaldes nacionalistas das Neves (Xosé Manuel Rodríguez), Tomiño (Sandra González) e O Rosal (Ánxela Fernández), e polo director da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Río Miño, Uxío Benítez.

Pontón lembrou que esta fronteira mantén “intensas relacións económicas, comerciais, laborais e persoais” e, desde que se pecharon a maioría de pasos, está a obrigarse por centos de traballadores e veciños a dar rodeos de moitos quilómetros (só está habilitado, en toda a provincia de Pontevedra, o paso de Tui pola autovía).

A ese respecto, apuntou que “non ten sentido” que non se permita a comunicación polo resto de pasos fronteirizos, nunha área na que se concentra o maior volume de tráfico de toda a fronteira entre España e Portugal, e tendo ambos os territorios (sur da provincia e norte do país veciño) “a mesma situación epidemiolóxica”.

Ao seu xuízo, esta situación é o resultado de que se tomen as decisións sobre os intereses galegos “a 600 quilómetros desde un despacho de Madrid”, á vez que criticou a “inacción” do goberno galego presidido por Núñez Feijóo, que queda “de brazos cruzados ante un problema que afecta directamente a 150.000 galegos e galegas”.

Por outra banda, Ana Pontón, que apostou por facer da cooperación transfronteiriza un eixo central do “próximo goberno galego”, tamén se referiu a a “improvisación” do Executivo central que, este xoves, en cuestión de poucas horas, anunciou a apertura de fronteiras para o 22 de xuño e o atraso desa medida ata primeiros de xullo.

Mentres, o candidato pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, puntualizou que, máis aló da controversia sobre a apertura de fronteiras para o paso de turistas, debe darse luz verde “inmediata” á apertura para os traballadores, polos prexuízos que agora padecen.

Ao seu xuízo, é “tremendamente inxusto” pór ao mesmo nivel o turismo e as necesidades dos traballadores, que están a asumir sobrecustos económicos por ter que dar rodeos de decenas de quilómetros para chegar ás súas empresas ou domicilios.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...