InicioSucesosA Fiscalía mantén a petición de 19 anos de cárcere para un...

A Fiscalía mantén a petición de 19 anos de cárcere para un veciño de Mondariz por abusos a unha menor

O xuízo deixara pendentes as probas periciais, que se aprazaron pola pandemia, e este xoves retomouse coa declaración de nove forenses, dous presencialmente e o resto por videoconferencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou visto sentencia o xuízo contra un veciño de Mondariz para o que a Fiscalía pediu unha condena de 19 anos e dez meses de prisión por supostos abusos sexuais con penetración sobre unha menor de 14 anos cun atraso madurativo e outro delito continuado de elaboración de pornografía infantil.

Na anterior celebración da vista oral o acusado recoñeceu que el lle enviou a ela unha foto espido, negou que a vítima lle enviase fotografías a el. “Eu nunca tiven relacións íntimas con ela”, asegurou e atribuíu a denuncia a “unha trama” para prexudicarlle na que parte da familia coa que xa entón levaba mal “preparou”, segundo dixo, á menor para que lle acusase.

O xuízo deixara pendentes as probas periciais, que se aprazaron pola pandemia, e este xoves retomouse coa declaración de nove forenses, dous presencialmente e o resto por videoconferencia.

As forenses da defensa realizaron o seu informe en base ás entrevistas realizadas previamente á menor e recoñeceron que non poden afirmar que a menor mente, apuntando que “non se cumpren os criterios para determinar se é crible ou non”.

EXIMENTE

O avogado que exerce a defensa do acusado pediu ao tribunal que teña en conta unha circunstancia atenuante eximente completa relativa a que se produciu un “consentimento libre da menor” que sería de aplicación porque neste caso dáse un “similar desenvolvemento do acusado e a menor”.

O letrado insistiu en que existe un “desfasamento entre a idade cronolóxica e mental” do procesado, aínda que ningún perito xudicial elaborou informes respecto diso.

ÚLTIMAS

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...