InicioSucesosDenunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia

Cometeu unha infracción de tráfico na rúa Rosalía, en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia penal contra unha condutora que foi interceptada circulando cunha taxa de alcoholemia que cuadriplicaba a máxima permitida e tras cometer unha infracción de tráfico.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha dotación do 092 interceptou a unha condutora que acababa de cometer unha infracción de tráfico na rúa Rosalía de Castro.

Ao identificar á muller, unha moza de 24 anos de idade, os axentes decatáronse de que presentaba síntomas de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que se lle fixeron as probas.

O test arroxaron un resultado de 0,97 mg/l e 1,09 mg/l polo que foi denunciada por vía penal, como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...