InicioEconomíaEmpresarios ven "lamentable" que non se abran as fronteiras con Portugal

Empresarios ven “lamentable” que non se abran as fronteiras con Portugal

Anuncian mobilizacións e alertan sobre as "grandes perdas" ocasionada polo peche

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os empresarios da provincia de Pontevedra e do Alto Minho uníronse este luns ás voces que demandan a reapertura da fronteira con Portugal, entre elas a da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Miño, integrada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.

O presidente da AECT e deputado provincial, Uxío Benítez, celebrou este luns un encontro telemático no que participaron o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros; o presidente da Confederación Empresarial do Alto Minho (ACEVAL), Luís Ceia; o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso; e o profesor de Economía da UVigo, Francisco Javier Martínez Covas.

Todos coincidiron en alertar sobre a “tremenda” situación das empresas e os traballadores transfronteirizos desde que se restrinxiu a mobilidade debido á pandemia de coronavirus, e lembraron o importante dinamismo económico da fronteira do Miño. A ese respecto, Jorge Cebreiros subliñou que ese territorio concentra a metade de todo o tráfico que se rexistra nos 2.000 quilómetros de fronteira entre España e Portugal.

“Ese dinamismo xa tería que ser suficiente para ter un tratamento asimétrico (…), non hai razóns obxectivas para manter o peche”, proclamou o presidente da CEP.

Na mesma liña, o presidente de ACEVAL urxiu a reapertura dos pasos fronteirizos porque, desde o pasado 16 de marzo ata o 29 de maio, cruzaron unhas 200.000 persoas polo único paso habilitado (na provincia de Pontevedra), o de Tui pola A-55.

“PESO ESPECÍFICO”

Para Gumersindo Alonso, “é lamentable” que a gran permeabilidade e dinamismo da ‘raia’ “non teña un peso específico para que se abran máis pasos”, e lembrou o “gran custo” que supón para as empresas dar rodeos de decenas de quilómetros para atravesar a fronteira polo único punto habilitado. A iso sumar, sinalou, o impacto no turismo: “A tempada está aí, e non hai peregrinos, nin xente de fóra”.

Mentres, o presidente da AECT, Uxío Benítez, comprometeu o apoio da agrupación a esta demanda, e recalcou que un posicionamento conxunto fará “maior forza ante os que teñen que dar a solución a este sensentido”.

Ademais, os empresarios pediron implementar “medidas de compensación económica” polas “grandes perdas” orixinadas polo peche da fronteira, e apostaron por activar un Investimento Territorial Integrada (ITI) para esta zona.

MOBILIZACIÓNS

O director da AECT manterá tamén encontros con alcaldes e alcaldesas transfronteirizos para concretar accións de protesta conxuntas, despois de que as demandas de reabrir os pasos non tivesen resposta por parte dos gobernos, aínda que si se abriu parcialmente un paso “con menos actividade”, como o de Calvos de Randín, en Ourense.

Como paso previo, informou a AECT, este pasado fin de semana colocáronse pancartas para reclamar a reapertura da fronteira na ponte da Amizade, en Goián, Tomiño, para “facer visible a indignación de toda a cidadanía da ‘raia'”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...