InicioSociedadeO goberno municipal esixirá "unha votación" para que Zona Franca entre no...

O goberno municipal esixirá “unha votación” para que Zona Franca entre no padroado do Ifevi

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que esixirá "unha votación" no seo do padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para determinar a entrada da Zona Franca nese organismo, e volveu a criticar que a Xunta se opoña á participación da entidade estatal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que esixirá “unha votación” no seo do padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para determinar a entrada da Zona Franca nese organismo, e volveu a criticar que a Xunta se opoña á participación da entidade estatal.

Nunha rolda de prensa telemática, o rexedor olívico preguntou “por que a Xunta non quere que Zona Franca entre no padroado”, se o fará “achegando diñeiro”. “Volveremos expor a incorporación de Zona Franca. Feijóo non quere, pero Zona Franca, que presido eu, é un gran promotor de actividade económica, e está disposto a achegar millóns de euros”, engadiu.

Imos esixir ao padroado que vote. E imos ver que votan”, sinalou o alcalde, quen denunciou o “labor de obstaculización” de Feijóo para que Zona Franca non entre no padroado. “El persoalmente oponse, porque non lle entusiasma a marcha de Vigo, que ocupase o espazo da cidade máis importante de Galicia, porque está moi envorcado en Santiago e A Coruña”, apostilou.

Abel Caballero tamén acusou á Xunta de tardar ” 5 meses” en enviar a documentación ao Goberno de España para a emisión de informes para acometer a ampliación do Instituto Feiral.

Por outra banda, o alcalde tamén se referiu ao atraso nas obras dos accesos ao complexo intermodal de Urzáiz, e volveu a insistir en que dito atraso é imputable á crise sanitaria pola pandemia de coronavirus, que “paralizou toda a actividade administrativa e os prazos”. Estas declaracións fíxoas en resposta ás críticas do PP e da Xunta, que advertiron de que a “incerteza” de Adif ao non concretar unha data para asinar a ‘addenda’ ao convenio de confinanciación das obras, pode atrasar a 2022 a finalización da nova estación.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...