InicioPolíticaAbel Caballero proclama que Vigo "queda para sempre" co Lagares "por inacción...

Abel Caballero proclama que Vigo “queda para sempre” co Lagares “por inacción da Xunta”, que “o ten abandonado”

O alcalde insiste en que a limpeza e mantemento do río corresponde ao Hoberno galego, malia que o Plan Hidrolóxico Nacional e diversa xurisprudencia establecen que é responsabilidade da administración local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou este xoves que a cidade “queda para sempre” co río Lagares, “por inacción da Xunta” que “o ten abandonado”, e confirmou que a Xunta de Goberno deu luz verde ao expediente para contratar a limpeza de 17 quilómetros da canle, por 112.000 euros.

O rexedor insistiu en que a limpeza e mantemento do río corresponde ao goberno galego, a pesar de que o Plan Hidrolóxico Nacional e diversa xurisprudencia establecen que son as administracións locais as encargadas do mantemento dos tramos urbanos dos ríos.

Así, tras confirmar que o Concello limpará eses 17 quilómetros de canle, Abel Caballero proclamou: “Quedamos o Lagares para sempre, e dános igual o que diga Feijóo”.

O alcalde reiterou que o río “o ten que limpar a Xunta” pero que esta “se desentende”, por iso farao o Concello. “Nin sequera imos pedir permiso, farémolo por inacción da Xunta, porque está sucísimo”, constatou.

RECLAMACIÓN DE GASTOS

Por outra banda, Caballero confirmou que o seu goberno enviou unha carta ao Executivo galego para reclamarlle o pago de 1,7 millóns de euros, correspondentes ao gasto social desembolsado polo Concello de Vigo en axudas desde o inicio da pandemia de coronavirus.

Segundo o rexedor, o Goberno “deulle á Xunta 20 millóns de euros” para gasto social e a administración autonómica non transferiu nada ao Concello de Vigo.

“Nos escamotean 1,7 millóns”, denunciou Abel Caballero, quen avanzou que, ademais dese gasto, tamén reclamará á Xunta que lle pague 685.000 euros, que foi o gasto en desinfección de rúas. “Non teñen intención de pagar, isto é outra vez Feijóo quedándose co diñeiro de Vigo”, lamentou.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...