InicioSucesosDetido un ciclista tras causar danos no turismo dunha condutora que case...

Detido un ciclista tras causar danos no turismo dunha condutora que case o atropela en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home domiciliado en Vigo de 32 anos foi detido tras causar múltiples danos no turismo dunha condutora que case o atropelou mentres saía dun garaxe da cidade.

Fontes policiais precisaron que os feitos tiveron lugar este mércores sobre as 16,20 horas, cando unha patrulla que se atopaba na rúa García Barbón foi contactada por varios viandantes que lle indicaron que un home e unha muller comezaran a discutir á saída dun garaxe.

Deste xeito, os axentes comprobaron que un ciclista causara danos a un vehículo cando o segundo saía dun garaxe. A muller que conducía o turismo, de 65 anos, explicou que atopara o ciclista circulando pola beirarrúa cando saía do garaxe, polo que tivera que frear bruscamente para evitar atropelalo.

Posteriormente, sinalou que o home baixou da bicicleta e comezou a berrar e a ameazala. Ademais, comezou a golpear violentamente coa súa mochila o capó e o parabrisas do turismo, no que permaneceu a muller, que se atopaba intimidada. Así, os policías observaron que a parte superior do parabrisas do coche estaba rota e que o capó presentaba varios buracos.

Mentres, o ciclista asegurou que reaccionara violentamente porque a muller o atropelou. Os policías comprobaron que na súa mochila portaba dous martelos e un pau no que se atopaban cravados varios parafusos e interviñeron estes obxectos.

Así mesmo, dúas testemuñas aseguraron que o ocorrido correspondíase coa versión da muller e afirmaron que ela non atropelara ao ciclista. Ante esta situación, o home foi detido pola suposta comisión dun delito de danos en vehículo con obxecto contundente e ameazas graves.

Antes de ser trasladado a dependencias policiais, o ciclista solicitou ser asistido por unha ambulancia debido a molestias no ombreiro e o xeonllo esquerdos, así como nas costas.

ÚLTIMAS

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...