InicioSociedadeA xustiza condea ao SERGAS por non evitar a morte dun paciente...

A xustiza condea ao SERGAS por non evitar a morte dun paciente en lista de espera

A sentenza desestima o recurso de apelación presentado pola aseguradora e ratifica a indemnización de 138.000 euros para a familia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) ratificou a condena á aseguradora do Sergas, Segurcaixa Adeslas, pola morte dun paciente de 75 anos en lista de espera para operarse dunha cardiopatía, ao apreciar “mala praxe” por non axilizarse a intervención a pesar de empeorar o seu estado.

Así consta na sentenza do TSXG, á que tivo acceso Europa Press, que desestima o recurso de apelación presentado pola aseguradora e ratifica a indemnización de 138.000 euros para a familia deste veciño de Ferrol de 75 anos, a razón de 80.000 euros para a viúva, 40.000 euros para unha das fillas e 6.000 euros para cada un dos seus outros tres fillos.

O paciente, segundo o relato de feitos, estaba desde outubro de 1997 en seguimento polo servizo de Cardioloxía do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, co diagnóstico inicial de estenose e insuficiencia aórtica lixeira, hipertensión arterial e dilatación aórtica lixeira.

Tras probas de esforzo en 2001 e 2003 o paciente foi diagnosticado de cardiopatía isquémica estable e estenosis aórtica. Entón foi incluído en lista de espera nunha sesión clínica o 14 de abril de 2015 para unha cirurxía prioridade B, cun prazo de espera de entre tres e seis meses, co diagnóstico de estenose valvular aórtica severa.

Mentres o paciente estaba en lista de espera, “sufriu unha deterioración do seu estado xeral”, destácase na sentenza, “con aumento da fatiga e das dores torácicas”, o cal puxeron en coñecemento do Hospital Arquitecto Marcide os días 11 e 14 de setembro, “o que non fixo variar a prioridade asignada nin adiantar a data da operación”, puntualiza. Finalmente, o 28 de setembro de 2015 nunha rúa de Ferrol, o septuaxenario entrou en parada cardiorrespiratoria, da que non se recuperou e faleceu.

Máis info en Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...