InicioSociedadeAs piscinas da praia de Samil estarán pechadas este verán

As piscinas da praia de Samil estarán pechadas este verán

Abel Caballero avanza esta decisión dada a dificultade de garantir os dous metros de distancia entre usuarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que as tres piscinas infantís situadas na praia de Samil permanecerán pechadas este verán ante a dificultade que leva garantir o mantemento da distancia de seguridade nas mesmas.

Preguntado tras unha rolda de prensa telemática celebrada este luns, o rexedor olívico detallou que a auga das piscinas está clorada, o que permite evitar a propagación do virus a través da mesma, pero insistiu en que estes espazos non se abrirán dada a dificultade que leva garantir unha distancia de dous metros entre os seus usuarios.

Así mesmo, Abel Caballero lembrou que as praias de Vigo foron abertas este luns, cando Galicia entrou na fase 2 da desescalada, aínda que remarcou que este verán estará prohibido comer e celebrar “grandes reunións” nos areais. Deste xeito, explicou que se busca fomentar a rotación de persoas nestes espazos e evitar aglomeracións.

Adicionalmente, o alcalde precisou que se comezarán a colocar cintas en parte das praias a mediados de xuño co obxectivo de garantir o mantemento da distancia social, xa que, segundo apuntou, as aglomeracións nos areais adoitan rexistrarse a partir de finais dese mes.

Neste sentido, o rexedor da urbe olívica insistiu en que a distancia social establecida polas autoridades sanitarias representa “menos da metade” da que se delimitará con cintas nas praias viguesas. Así, remarcou que esta iniciativa busca garantir que estes areais son “seguros ao 100%”. Tamén indicou que o servizo de socorrismo comezará a prestarse nos mesmos desde o 15 de xuño.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...