InicioDeportesO Concello de Mos recibiu ás futbolistas da Unión Deportiva Mos en...

O Concello de Mos recibiu ás futbolistas da Unión Deportiva Mos en recoñecemento ao seu traballo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Corporación Municipal mosense recibiu no Salón de Sesións do Concello ás futbolistas do equipo feminino da Unión Deportiva Mos en recoñecemento dos bos resultados acadados na Liga que recentemente acaba de concluir, e para facerlles entrega da nova equipaxe coa que xogarán na vindeira tempada.

A alcaldía quixo agasallalas así “por ser un auténtico exemplo de mulleres loitadoras e cun gran espíritu de esforzo e superación, así como cunha inmensa capacidade de traballo”, segundo declararon a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo.

As xogadoras, que veñen de realizar unha fantástica tempada, acudiron á recepción acompañadas do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, do director deportivo do club, Cristian Taibo, e do seu adestrador. O U.D. Mos Feminino quedou 6º na Liga, sendo equipo nobel na categoría. E opta ao Premio de Equipo Revelación da Tempada 2017-2018.

Xuntanza no Concello / Concello de Mos

As xogadoras do U.D. Mos Feminino levan dous anos xogando en Fútbol 11. O ano pasado ascenderon e este ano quedaron en sexta posición na Liga. O equipo naceu fai catro anos e os dous primeiros xogaron en Fútbol 7 gañando a Liga os dous anos consecutivos.

Taibo e Alonso Serodio, director deportivo e presidente do club, respectivamente, destacan “o meteórico progreso deportivo deste equipo de mulleres de todas as idades, que son un orgullo para a Unión Deportiva Mos; e este recoñecemento municipal que lles fai o Concello ven a reforzar a aposta deportiva que dende a U.D. Mos facemos pola nosa sección feminina”.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...