InicioSociedadePiden 14 anos de cárcere para un acusado de tentar asasinar a...

Piden 14 anos de cárcere para un acusado de tentar asasinar a súa parella cunha arma branca en Cangas

Será xulgado este xoves na sección cuarta da Audiencia Provincial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 14 anos de cárcere para un home, J.C.G.N., ao que acusa de tentar asasinar á súa parella cunha arma branca nun domicilio de Cangas, e que será xulgado este xoves na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos remóntanse ao 7 de febreiro de 2019, cando o acusado se pechou nunha habitación do domicilio coa súa parella e iniciou unha discusión. De súpeto, “de forma inesperada”, atacou a muller cunha arma branca con intención de acabar coa súa vida, dirixindo o ataque ao pescozo.

A vítima logrou parar a arremetida, pero sufriu feridas na cara e, cando trataba de abandonar a habitación, o acusado volveuna a atacar, cravándolle a arma na rexión lumbar. “Só cesou o ataque cando, alertadas polos berros, entraron na habitación unha curmá e a filla menor de idade da vítima”, relata o Ministerio Público no seu escrito.

A Fiscalía, así mesmo, constata que “só a rápida atención médica prestada á lesionada evitou que morrese debido ás feridas”, mentres que o home fuxiu do lugar e foi detido horas despois en Xinzo de Limia (Ourense).

A muller foi atendida no hospital das súas lesións, e quedáronlle secuelas físicas (cicatrices, limitación na apertura temporo mandibular, paresia peribucal,…) e psicolóxicas (tensión postraumática).

Por estes feitos, a Fiscalía acusa a J.C.G.N. dun delito de asasinato en grao de tentativa e pide para el 14 anos de cárcere, así como a prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse con ela durante 20 anos.

En canto á responsabilidade civil, pide que indemnice á muller en case 49.500 euros polas lesións e as secuelas, e ao Sergas en 4.683 euros polos gastos da atención sanitaria á vítima.

ÚLTIMAS

Desaparecido en Vigo. Piden axuda para localizar a Antonio

As autoridades e a organización SOS Desaparecidos buscan con urxencia a Antonio Alonso Costas,...

O condenado pola agresión sexual en Vialia xa estivera en prisión por violar e matar un bebé en 1999

Francisco Javier Campos Triñanes, un home de 58 anos cun pasado criminal marcado polo...

Vigo acolle o VII VigoSaxForum cunha semana de concertos e actividades arredor do saxofón

O barrio vigués de Valladares converterase desde este domingo 29 de xuño e ata...

Falece unha persoa tras ser rescatada do mar por un particular en Nigrán

Unha persoa perdeu a vida na noite deste sábado na Praia América, situada na...