InicioSociedade"El artesano": O zapateiro da rúa Falperra de Vigo que garda o...

“El artesano”: O zapateiro da rúa Falperra de Vigo que garda o segredo da felicidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un zapateiro da rúa Falperra de Vigo garda o segredo da felicidade: “Pregúntasme polo meu sentido do humor? Eu vivín unha vida feliz, tiven diñeiro e non o tiven. O único que complicou un pouco as cousas foi a enfermidade“. Sergio padece cancro, espera un transplante de ril e vai a diálese tres veces por semana.

A pesar do seu sorriso case permanente, non pode estar satisfeito cos doutores e enfermeiros: “O outro día tratáronme mal… Cheguei á casa con fame e sono, comín e quedeime durmido. Cando espertei, estaba todo cheo de sangue, estiven unha semana alterado por iso. Se non podes acertar nesta vea (amosa unhas veas inflamadas se cadra dez veces máis grosas do normal), proba a facer fontanaría, porque a medicina non é o teu”.

“E o peor é que hai xente que non é humana. Van a facer o seu traballo, que involucra a persoas, e non teñen a máis mínima empatía cunha persoa maior, fáltanlle ao respecto á xente”, asegura este home de xa 70 anos que non se queixa de máis que o xa dito, a pesar de vivir en 20 metros cadrados.

Sergio, en primeira plana 7 Xornal de Vigo

“Desfrutei tanto na miña vida… Con 22 anos, en Uruguai, fun o rei, o dono e señor do fútbol no meu barrio, saía polas noites, e sempre fun un tipo esperto, a min me entusiasma todo”, celebra.

Agora, o seu é polo xeral un día a día tranquilo: “Vivo aquí, e se quero ver un partido vou ao bar. Eu non teño amigos, teño xente que me trata con respecto, e falamos. Se preciso axuda danma, a dona da tinturaría que me limpa a roupa, os veciños…”.

“Teño familia, e 3 netos, pero eu non quero molestar a ninguén. Estou en forma, aínda chego aos pés sen dobrar os xeonllos. Sempre fun de saltar, gústame o deporte todo, xoguei ao fútbol ata os 40 e pico coa xuventude. De mozo, estiven a punto de fichar polo Nacional de Uruguai, que era o mellor equipo do país, pero este xeonllo impediumo“, resume décadas en anaquiños e frases.

Sergio, facendo un traballiño / Miguel Núñez

Na súa casa e zapateiría, o baño está na cociña. Ten concedida unha discapacidade do 66%, e está facendo xestións para conseguir a pensión pola discapacidade e mais a xubilación do seu país, Uruguai.

País que estivo en guerra e tivo que marchar, posto que ademais era sindicalista. Comezou a desaparecer xente, buscaban comunistas, sindicalistas, traballadores. Marchou a Arxentina, cando Perón.

Mandárono matar de Uruguai a Arxentina, os seus contactos salvárono. Abandona Arxentina, casa cunha moza uruguaia, ten dous fillos, ela enfermou. El foi zapateiro toda a súa vida, tamén en EEUU onde o oficio estaba estendido e sacou os seus máis grandes beneficios.

Logo chegou a Vigo. Agora entran 4 pares ao día, e se foi un día bo. Son pequenos amaños. Non compensa o traballo, non costean a luz nin o aluguer. Os zapatos de hoxe en día están feitos para romperse, son baratos e compensa máis comprar uns novos que arranxar os vellos.

Sergio, co seu canario / Miguel Núñez

Hoxe comprou dúas barras de pan de 31 céntimos e media ducia de ovos, euro e medio de carne de porco. Comeu un anaco e xa lle chegou. Á mañá, foi un sándwich de xantar. Non ten moito apetito. A pesar dos seus 70 anos, asegura manterse forte, e mantense tamén no negocio dos zapatos no que estivo toda a súa vida.

Tivo outro negocio en López Mora, alí encargaban 30 pares ao día. Eran outros tempos. Hoxe un zapato custa 10 euros e arranxalo 14. Só quere arranxalo o posuidor dun bo exemplar de coiro.

Ten vacacións? Si, cando sae a andar en bicicleta. Ou cando acaricia á súa cadeliña. Encántalle tomar o sol boca arriba, fronte á porta. O seu paxaro canta. Sergio tamén viviu en Cangas, nun piso. De feito, nesta rúa leva menos dun ano.

É futboleiro ata a morte, é do Barca, de Messi, de Suárez. Ten neveira, colchón, televisión. A súa sala de estar é a aceira. Veñen persoas a facerlle compañía, e se non están o canario, que se chama canario, e a cadela, que se chama chula, e está padecendo un embarazo psicolóxico, di.

“Agarrárona, ten xa os seus anos encima pero creuno. A teñen mal acostumada. Ás veces lle traen de comer, a ven deitada no chan e pensan: pobriña, come”. Un dos seus fillos toca o contrabaixo, o outro a guitarra. Agora aparcaron o do grupo porque aburríronse das disputas, das loitas, “que son crueis e moitas”.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...