InicioSociedadeOs cruceiros non poderán atracar en Vigo ata que finalice o estado...

Os cruceiros non poderán atracar en Vigo ata que finalice o estado de alarma

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ditou unha Orde, en vigor desde este martes mesmo, pola que se mantén a prohibición de entrada a portos españois de buques de pasaxe tipo cruceiro procedentes de calquera porto. Esta prohibición, que ata agora fora prorrogada en dúas ocasións, estará vixente en principio ata que finalice o estado de alarma.

Na Orde, publicada este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE), explícase que o transporte de pasaxeiros debe conservar “certas medidas de contención e preventivas” para impedir a propagación do coronavirus e deter a progresión da enfermidade. Por esta razón, explica o Goberno, mantense a restrición de entrada dos buques de pasaxe tipo cruceiro vixente desde as 0.00 horas do pasado 13 de marzo.

O Executivo subliña que a Comisión Europea, nunha comunicación datada o 13 de maio, sinala que “os brotes previos de Covid-19 en buques de cruceiro puxeron de manifesto a especial vulnerabilidade das contornas pechadas durante as viaxes longas. Antes de que as embarcacións de cruceiro renoven as súas operacións, os operadores de buques deben establecer procedementos estritos para reducir o risco de contaxio a bordo e para proporcionar asistencia médica adecuada en caso de contaxio”.

Neste sentido, o Goberno apunta que a “aínda complexa situación e a natureza imprevisible e dinámica da súa evolución, así como as directrices e recomendacións da Comisión”, desaconsellan o levantamento da restrición de entrada de cruceiros a portos españois mentres os operadores non establezan procedementos “estritos” para reducir o risco de contaxio a bordo e os portos na súa ruta poidan, en caso de necesidade, organizar para que os viaxeiros e os membros da tripulación reciban tratamento médico e se poidan levar a cabo repatriacións e cambios de tripulación.

Tamén como medida preventiva, a Orde de Transportes tampouco permite recalar en porto español aos buques e embarcacións de recreo estranxeiras que non teña o seu porto de estancia en España, salvo as que entren soamente con tripulación profesional a bordo.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...