InicioSucesosDetido un home con 29 antecedentes por vender droga en Vigo

Detido un home con 29 antecedentes por vender droga en Vigo

Aconteceu na zona da Florida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, de 49 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por vender droga na zona da Florida.

A investigación iniciouse a finais do pasado mes de abril, despois de que a Policía tivese coñecemento da existencia dun posible ‘punto negro’ de venda de drogas nese barrio.

Os operativos de vixilancia permitiron descubrir a trasfega de supostos compradores, que acudían a un alpendre situado entre a Avenida da Florida e a rúa Tui. Alí realizaban un rápido intercambio cun home, antes de abandonar a zona.

A Policía despregou un dispositivo para deter o presunto traficante, ao que interceptaron cando se dirixía a realizar outra venda de estupefacientes. Ao cachealo, os axentes atopáronlle varias papelinas de cocaína e heroína, e outros efectos usados para o tráfico de drogas, polo que foi detido.

Unha vez trasladado a Comisaría, comprobouse que lle constan outras 29 detencións anteriores. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda en Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...